"SOTAQUE" DISPOÑIBLE O 23 DE ABRIL
PRESENTACION A MEDIOS Y AMIGOS
Martes 23 de abril
12:30 horas
CGAC
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5, Santiago de Compostela
BUDIÑO é un artista atípico, un músico co seu “SOTAQUE”, un compositor que desperta admiración entre os seus, un creador engaiolante que enraíza a súa música na tradición galega mesturada sutilmente cos sons mais contemporáneos.
BUDIÑO ten publicado ate o de agora seis traballos discográficos, PARALAIA, ARREDOR, ZUME DE TERRA, HOME, VOLTA mais este último que fai o número seis, SOTAQUE. As súas creacións, os seus espectáculos en directo, son recoñecidos mundialmente pola crítica especializada e afianzados con premios de prestixio entre a profesión. BUDIÑO ten levado as súas composicións por todo o planeta, enchendo teatros de público ávido de gozar coas súas actuacións. Cidades como Shanghai, Damasco, Beirut, Casablanca, Tanger, Frankfurt, Milán, Glasgow, Bos Aires, Bogotá o México D.F. poden dar boa conta diso.
BUDIÑO fórmase na Escola de Gaitas Semente Nova de Moaña e na Universidade Popular de Vigo. Mais tarde atopa o Laboratorio de Creatividade Musical de Jazz en Vigo, ao mesmo tempo que a súa paixón pola composición. Despois de traballar no eido da música tradicional galega durante anos, explora outras canles artísticas tocando a cotío con músicos de jazz, de clásica, de pop ou de flamenco e compartindo cartel e escenario con artistas como Van Morrison, Jerry González, Jorge Pardo, Capercaillie o la Orquestra Sinfónica de Lorient entre outros.
BUDIÑO AO VIVO PRESENTADO "SOTAQUE"
25/04/13
21 HORAS
TEATRO PRINCIPAL SANTIAGO DE COMPOSTELA
merca a tua entrada aqui
26/04/13
20:30 HORAS
TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
merca a tua entrada aqui
09/05/13
21 horas
SALA GALILEO
MADRID
Inma Grass
www.folmusica.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario