7/3/11

IALMA




  IALMA ESTARAN DE PROMOCION EN GALICIA OS DIAS 10 E 11 DE FEBREIRO



IALMA son un grupo formado por 5 mulleres “cantareiras”: Magali, Marisol, Natalia, Nuria e Verónica. Aínda que son residentes en Bruxelas, seguen a manter unha conexión vital con Galicia, a súa terra de orixe e principal fonte de inspiración artística.


 IALMA celebra 10 anos de traxectoria cun novo CD baixo o título de "SIMBIOSE".


O son tradicional característico das “cantareiras” se mestura con cancións, melodías e arranxos máis modernos, tendo coma resultado unhas cancións moi frescas e alegres, unha combinación intelixente entre tradición e pop.


 En "SIMBIOSE" podemos atopar sons propios do rap ou influencias da música medieval, e tampouco faltan composicións propias impregnadas da enorme tradición musical de Galicia.  É, sen dúbida, un álbum para descubrir e deleitarse.


 Cando escoitamos o primeiro single “NA IAUGA” (melodía tradicional do Quebec) IALMA invítanos a bailar e cantar, e coa súa audacia chegan a facer unha versión coma “DANCE LIKE A GALICIAN”, que resolven con atrevemento e orixinalidade.


 IALMA quere simbolizar os seus 10 anos de vida a través de 10 artistas galegos e lugares, e 10 disciplinas artísticas que, dalgún xeito, teñen parte na historia do grupo: Enrique Otero, Casa de Xantar O 16, Marco Méndez, David Aranda, El Puto Coke, Obradoiro Seivane, Carlos Blanco, Xavier Queipo, Adega Terras Gauda e Serxio Cobos. No amplo libreto do álbum podemos atopar fotos e textos explicativos.


 A través da posta en escena realizada pola coreógrafa italiana Katina Genero e grazas á súa evolución do traballo vocal, IALMA ofrece unha dimensión máis internacional aos seus concertos sen perder as súas raíces. Agora mesmo están xa preparando unha xira por diferentes cidades  de Europa.


BOA
Music

No hay comentarios:

Publicar un comentario

RADIO CRONICA FOLK MUSICAL - RCFM-