Quim Farinha, Pedro Pascual e Kin Garcia, TALABARTE
FOL MUSICA e Non Si Servizos Culturais
Teñen o pracer de convidarte á presentancion de
TALABARTE
Mercores 6 de Xullo
12:30 horas
Hotel Costa Vella
Rua Porta da Pena, 17
Talabarte falara do seu novo traballo e ofrecerán un pequeno concerto acustico
Tómate un piscolabis connosco, cortesía do DEZASEIS
TALABARTE é un novo concepto de formación en Galicia, estritamente acústico e baseado na música tradicional contemporánea.
Neste proxecto únense tres músicos veteranos e indispensables dentro da escena musical galega: o violín de Quim Farinha (Berrogüetto) , o acordeón diatónico de Pedro Pascual (Marful) e o contrabaixo de Kin García (Susana Seivane).
Este é o seu primeiro álbum, un traballo que respira frescura, de factura impecable, cheo de matices e de arranxos imaxinativos. O conxunto aporta un novo son que os diferenza e os identifica, o son propio de Talabarte no que destaca o virtuosismo dos músicos e a elegancia musical.
Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e doutras latitudes. O repertorio complétase con composicións propias, todo aliñado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz e do folk, pasando polo tango, ata a tradición musical máis europea.
Contemporaneidade e tradición, xuntas, nun concerto diferente, sen deixar de mover os pés nin de ser indiferentes aos sentidos.
Que grandes!!!
ResponderEliminar