A VOLTA DUN GRUPO MITICO
O SEU NOVO TRAVALLO " A FRONDA DOS CERVOS" A VENDA O 26/04/2011
O mítico grupo DOA, precursor do folk progresivo e do rexurdimento da música antiga, vennos obsequiar cun novo traballo dedicado enteiramente á lírica galega medieval, despois de máis de trinta anos da edición do seu primeiro disco O Son da Estrela Escura.
Os integrantes da formación son tres dos fundadores do grupo, Xoan Piñón, Xaquín Blanco e Bernardo Martínez, artistas polivalentes de ampla traxectoria tamén nos campos da música experimental, a fotografía, a pintura, o teatro, e a poesía, Oscar Fernández, unha das figuras máis importante no panorama do novo folk, fundador dos grupos Os Cempés e Bonovo.
E a impresionante voz da prestixiosa soprano Susana de Lorenzo, posuidora de gran técnica, emoción e matices.
Con este novo traballo, o grupo indaga na simboloxía da floresta antiga, dando mostra, unha vez máis, da súa mestría e orixinalidade.
http://www.folmusica.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario